Correo electrónico

As contas de email de Saramaganta teñen unha capacidade de 500M e permiten adxuntos de ate 29M. Poden ser configuradas baixo o propio dominio de @saramaganta.info ou baixo de calqueria outro dominio que estea aloxado no servidor.

O acceso por defecto é mediante protocolo seguro TLS, opcionalmente atraverso de pop3 ou imap e o envío SMTP vai autenticado por medio de SASL de xeito que ninguén poida ter acceso nom autorizado nen ás nosas chaves nen ao contido dos emails que enviamos-recibimos.

Dado o seu rendemento e confiabilidade, en Saramaganta recomendamos empregar clientes de correo electrónico libres (ver sección recomendacións) ademais deste xeito axudades a non saturar o servidor e teredes maior acceso aos vosos correos, mesmo cando non cpntamos con conexión a internet. En principio todalas contas pódense configurar para acceder dende calquera cliente de correo, así como dende os de móbiles ou tablets.

Opcionalmente pódese acceder tamén ás contas de correo aloxadas atraverso do noso webmail Rouncube por https o que permite acceso seguro ás mensaxes entrantes e a organización gráfica dos nosos contactos ou das nosas carpetas de correos.

De seguido explicámosvos como configurar correctamente os clientes de correo mais comúns: