Nube

A Nube de Saramaganta é un servizo de aloxamento de arquivos multiplataforma na rede. O servizo permite ás súas usuarias almacear e sincronizar os seus arquivos en liña e entre computadoras, ademáis de compartir arquivos e carpetas con outras usuarias.

O acceso á nube é moi simple e pódese realizar ben atraverso dunha interface web securizada por ssl (contando previamente con nome de usuaria e contrasinal) ou ben atraverso de clientes específicos que podes instalar na túa computadora e que che permitirán sincronizar de forma automática o contido da túa nube co dunha carpeta concreta da túa propia computadora.

Para poder ter acceso á nube de Saramaganta -servizo ainda en fase beta- terás que solicitar unha conta escribíndonos a informacion@saramaganta.info