PirateBox

Abrindo unha nova liña de servizos centrada en dispositivos físicos e como alternativa de aportación para posibilitardes a continuidade dos servizos en Saramaganta oferecemos a ocasión de facervos cunha escintilante PirateBox para o voso proxecto ou asociación.

Logo PirateBox

Que demo é unha PirateBox? Pois unha PirateBox é un dispositivo electrónico portátil, que consiste nun enrutador e máis nunha unidade de almacenamento que en conxunto constitúen unha rede inarámica que permite ás usuarias que estean conectadas a ela compartillar arquivos de xeito anónimo e de maneira local. Por definición o dispositivo non está conectado á Internet; PirateBox está deseñada para intercambiar datos libremente nun contexto físico delimitado, seguro e anónimo. Conta tamén cun sistema de chat e cun foro.

Dende Saramaganta dispoñibilizamos o dispositivo preinstalado cunha versión adaptada ao galego, lista para funcionar con só conectar e acceder á rede inarámica configurada (piratebox.lan).

Podedes facervos coa PirateBox en tres configuracións básicas:

  • Sinxela: Consta dun router inarámico e dun dispositivo de almacenamento de 32G. Doazón de 80€
  • Semiautónoma: Consta dun router inarámico, dun dispositivo de almacenamento de 32G e dunha batería de 10.000mAh. Doazón de 100€.
  • Autónoma: Consta dun router inarámico, dun dispositivo de almacenamento de 32G, dunha batería de 2.000mAh, dun dispositivo controlador e dunha placa solar de 5W. Doazón de 160€.

en calquera dos casos incluimos instruccións de conexión e estaremos á vosa disposición para resolver dúbidas online.