Recomendacións

Saramaganta traballa íntegramente con software libre, participamos directamente no movemento copyleft e apoiamos incondicionalmente a libre distribución dos productos culturáis.

Ainda que as usuarias do servidor poden, evidentemente, elexir sen restricción qué software utilizar no seu equipo, con qué navegador consultar internet ou qué cliente empregar para recibir, enviar ou organizar as súas contas de correo, dende a equipa técnica de Saramagante recomendamos enfáticamente empregar software libre por varios motivos:

  1. Porque é un exercicio de coherencia dentro dos movementos sociais que procuran a liberdade en calqueira sentido. Pese a que software privativo maioritario nos teña afeitos aos seus modelos acomodaticios e fechados, compensa facer un pequeno esforzo de responsabilidade e deixar de utilizar aquelas ferramentas das grandes corporacións que se lucran a conta nósa e fomentan a restricción das nosas liberdades e direitos fundamentáis e a imposición do control social global.
  2. Porque o software libre, ao contrario do software privativo de Microsoft ou Apple, respecta sempre os estándares. Os estándares existen, precisamente, para unificar, simplificar e permitir a interoperabilidade. A equipa técnica de Saramaganta tenta resolver calqueira problema que xurda co software e teña relación cos servizos que prestamos, pero moitas veces é imposible resolver cuestións relativas a erros por uso de software privativo que non respecta os estándares.
  3. Porque nun contexto de vixilancia orweliana, o software libre ofrece garantías en canto á privacidade e seguridade que o privativo non (consultar alternativas en: prismbreak).
  4. Porque está feito por e para a comunidade, e contribúe a continar espallando a cultura libre e universal.

Segundo estas premisas, dende Saramaganta recomendamos:

  • Distribucións de Gnu/linux (preferiblemente baseadas en Debian) como sistema operativo
  • Mozilla Firefox, Epiphany, Arora, Midori, etc... como navegadores web
  • Thunderbird, Evolution, Mutt, etc... como clientes de correo
  • Conexións cifradas (https na web, TLS + GPG no mail, etc)
  • Emprego de VPN's