Roldas

As roldas de correo son un servizo especial do correo electrónico que permite a distribución de mensaxes entre múltiples usuarias de forma simultánea. Para recibir e enviar un correo a unha rolda, a usuaria necesita estar subscrita á mesma. Os envíos que se realizan á rolda chegan conxuntamente a todalas subscriptoras, e todas elas poden contestar a esa mensaxe, que de novo será recibida por todalas subscriptoras de dita rolda. Opcionalmente, as mensaxes recibidas nunha rolda poden ser gardadas para consulta posterior, ben das suscriptoras ou mesmo públicamente.

Toda rolda debe contar con, alo menos, unha administradora. As tarefas de administración son moi diversas pero relativamente sinxelas. Recomendámos a todas as que administredes (ou pensedes en administrar) unha rolda en Saramaganta que consultedes este manual editado pola Universidade de Vigo.

Polo demais velaí tendes boa parte das roldas que actualmente aloxamos em Saramaganta:

O software utilizado por Saramaganta para as súas roldas é Mailman, composto fundamentalmente de código en linguaxe Python e distribuído baixo licencia GNU.