VoIP

Temos dispoñible un servidor VoIP (Murmur) para que as usuarias de Saramaganta podades laretear por internet de xeito seguro e eficaz. O servicio permite e de feito está especialmente deseñado para multiconferencia co cal é unha ferramenta fantástica para facer xuntanzas ou asambleas virtuáis.

Para poder facer uso do servizo é preciso instalar un cliente Mumble, que é multiplataforma, co cal podedes facer uso dil tanto en GNU/Linux como en Micro$oft Windows ou MacØSX; podedes topar os executables correspondentes ao voso sistema operativo eiquí. Tamén existe unha app para o Android.

Unha vez instalado, o uso é bastante sinxelo. Os datos básicos de conexión no noso caso son:

    Enderezo: mumble.saramaganta.info
    Porto: 64738

Para saber como empregar xenéricamente o cliente e falar con outras usuarias, podedes botar un ollo neste vídeo:

De momento non temos definida nengunha política de control de acceso, así que podedes empregar o servizo a vontade e sen restriccións.