Web

Saramaganta aloxa páxinas web para os colectivos que así o requiran, e tentamos adaptarnos ás necesidades de cada un deles.

Como proxecto autoxestionario, a idea en Saramaganta é que cada colectivo administre e se faga cargo do desempeño da súa propia web (así como outros recursos telemáticos na medida do posible) atraverso das interfaces correspondentes ou -como mínimo- atraverso dun acceso por FTP e o acceso eventual a algunha base de datos. Nese sentido queremos facer fincapé na necesidade de ter unhas prácticas de seguridade mínimas, empregando contrasináis robustos, conexións cifradas por HTTPS, plugins de seguridade nos xestores de contido, etc. En todo caso estamos en disposición de botar unha man, se fose necesario, na elaboración e configuración mínima do web-site.

Podemos aloxar dende páxinas web elaboradas en HTML e CSS puro, ata a maioría de CMS's (xestores de contido dinámicos) tal como Drupal, Wordpress, Joomla, Wikis, Foros, etc...

Velaí um listado dalgúns dos dominios aloxados no servidor de Saramaganta: