Carta de Axuste e Peche (Saramaganta REMATA!!)

O quee!?

Despois destes 12 longos anos resistindo como único Servidor Social Autoxestionario da Galiza e tras moitas aventuras en conxunto con todas vós o proxecto de Hosting Social Saramaganta vese na obriga de dar rematada definitivamente a súa camiñada como Zona Temporalmente Autónoma e pecha as portas do cortello.

Por que?

Como ben sabedes: o mal non acouga! E o capital tampouco... Así pois e pese a ter conquerido sobreviver a varias crisis e tentado diversas vías de financiación alternativa e múltiples modelos de xestión por varios anos, o certo é que en termos económicos o proxecto hai tempo que apenas se mantén aboiando e iso só gracias ás xenerosísimas aportacións de diversos colectivos e individualidades que participades solidariamente con cuotas e ao traballo técnico voluntario duns poucos. E aínda así, non foi abondo.. Se cadra esta circunstancia debera servir para facérmonos certas reflexiós a nivel de eficacia sociopolítica e colectiva.. pero non é iste nen o lugar nen o momento.

Por outra banda as novas esixencias legáis dos estados cohercitivos europeos en termos de "protección" de datos (RXPD) obrígannos ineludiblemente a ter que redoblar esforzos e a contar con asesoramento legal e técnico adicional, o que -dada a situación de bancarrota efectiva anteriormente mencionada- fai definitivamente inviable o mantimento do servidor.

Cando?

A idea sería desconectar a máquina a primeiros do ano 2019. O fornecemento de servizos a novos colectivos e persoas queda conxelado mentres tanto; opcionalmente ofreceremos a posbilidade de manter o servizo de nube baixo demanda e a un custe razonable. Ata a data definitiva quedamos á vosa disposición para axudarvos a recuperar datos ou calqueira dúbida que vos xurda. Despois, cadraremos polos carreiros.

Saúde e liberdade!