Algunha cousa..

"Moucho, damo e doucho.":

En Saramaganta ofrecemos servicios telemáticos diversos a colectivos e iniciativas sociáis galegas nun senso amplo. Dende o 2017 agrupamos a nosa oferta de servizos en pacotes específicos, a saber:

  • Pacote de servizos Paisana/o. Fornece acceso a algún destes servizos ou combinación dos mesmos:
    • 3 contas de mail individuais.
    • 1 rolda de correo.
    • 1 web/cms.
    • 1 conta na nube de 1Gb.
  • Pacote de servizos Cuadrilla. Fornece acceso a algún destes servizos ou combinación dos mesmos:
    • Máis de 3 contas mail individuais.
    • Ate 4 roldas de correo.
    • 2 webs/cms's.
    • 1 conta na nube de 5 Gb.
  • Pacote de servizos Mancomunal. Fornece acceso a algún destes servizos ou combinación dos mesmos:
    • Acceso conta individualizada no panel de control Plesk con xestión independente para asociar dominios, criar contas de mail, roldas, etc.
    • 1 conta na nube de 10 GB.

Para información máis precisa sobre os servizos, podes consultar na columna da esquerda. Se tes interese en solicitar algún dos pacotes de servizo, vaite ao enlace de colaboración e consulta o documento de acordo de apoio mutuo.